A transmisión interxeracional do galego
Fecha de primera publicación: 13/04/2026
O próximo 17 de abril na aula 1.06 da Facultade de Letras ás 11:00 o sociolingüísta e investigador bengalí Anik Nandi levará a cabo a conferencia “A transmisión interxeracional do galego. Micropolíticas lingüísticas familiares de mantemento e convivencia”. Velaí vai un pequeno resumo da mesma:
Nunha sociedade bilingüe cada individuo adulto ten as súas propias prácticas lingüísticas e crenzas sobre a elección do idioma dentro da familia; polo tanto, as prácticas lingüísticas no ámbito familiar son sumamente importantes para entender o proceso de transmisión interxeracional dunha lingua desfavorecida. O principal obxectivo desta ponencia é investigar as estratexias para a transmisión interxeracional do galego no contexto familiar dos hábitats urbano e peri-urbano. Para iso, realizáronse entrevistas a proxenitores pro-galego que pasaron polo sistema educativo a partir de 1975 e viviron as primeiras políticas lingüísticas da Autonomía.